" É cine de estrelas, pero tamén a festa dos secundarios: Peter Lorre, Sydney Greenstreet [...] ¡ Que fantástica reunión de seres irrepetibles ! " Fernando Trueba. Diccionario de Cine. Editorial Planeta, 1997.
"
Os actores secundarios son, en realidade, os actores. Os protagonistas
non son senón seres privilexiados [...] ás veces, casualmente,
algúns destes privilexiados resultan ser tamén actores "
Fernando Trueba Op.cit.
Claude Rains S.Z.Sakall Sydney Greenstreet Curt Bois Peter Lorre
Marcel Dalio Helmut Dantine Monte Blue Dooley Wilson Conrad Veidt
Paul Henreid
Páginas
relacionadas
* Londres, 10-10-1899 ++++ 1967
+ Rains
caracterízase pola súa facilidade en interpretar personaxes
cun toque irónico, o que fai que incluso personaxes "malvadas" teñan
certo encanto para o espectador. Os seus comezos foron nas táboas
do escenario, non aparece en películas ata a súa madurez.
Ós 11 anos debutou nun escenario londinense,
actuou por primeira vez nos EEUU en 1914 e con a penas 27 anos xa era o
actor principal do Theatre Guild. A expresividade do seu rostro e a reputación
gañada nos escenarios lévano a Hollywood (paradoxicamente,o
seu debú é en " O Home Invisible " [James Whale, 1933] no
papel protagonista, o que implica que só se ve o seu rostro uns
segundos no final). Esta película conságrao, principalmente
debido á súa voz e ademán característicos;
a partir de aquí, traballa en gran cantidade de películas,
incluíndo dúas produccións de Wallis ( Now Voyager
e Casablanca) Foi o único actor barallado para o papel
de Renault. O 26 de maio do 42 acepta o papel.
+ Entre o 33 e o 65, Claude Rains participa en 56 películas. As máis importantes (exceptuando Casablanca, por suposto) son:
- " The Invisible Man " (James Whale, 1933. " O Home Invisible ") Interpreta aquí o papel principal, un científico que se volveu invisible e que, cando intenta buscar un antídoto, é acosado pola policía, o que o impulsa a cometer actos criminais.
- " The Adventures of Robin Hood " (Michael Curtiz, 1938. " As Aventuras de Robin Hood") Nesta película, de tema sobradamente coñecido por todos, Rains interpreta ó Príncipe Xoán, o Usurpador.
- " Mr. Smith goes to Washington " ( Capra, 1939. " Caballero sin Espada " ) Polo papel do Senador Joseph Paine nesta película, foi nominado ó Oscar. Capra preséntanos aquí á típica personaxe-Stewart (idealista, honrada,...) que combate a corrupción xeralizada.
- " Notorius " (Hitchcok, 1946. " Encadenados ") Interpreta a un nazi, Alexander Sebastian, trala Segunda Guerra Mundial que é investigado polos servicios de intelixencia estadounidenses. Nesta soberbia película típica de Hitchcock, participan ademais Ingrid Bergman e Cary Grant. O guionista, Ben Hetch ( " Lo que el Viento se Llevó ", " Primera Plana ",... ) e Claude Rains foron nominados ó Oscar.
- " Lawrence of Arabia " ( David Lean, 1962 ) Nesta gran producción británica, basada na vida de T.E. Lawrence, Rains interpreta a Mr. Dryde. Antepenúltima película na que participou Rains ( a última foi " La Historia Más Grande Jamás Contada ", de George Stevens, 1965 )
+ Claude Rains foi nominado ó Oscar catro veces, pero non recibiu ningunha estatuíña. As Nominacións foron:
- Mr Smith Goes To Washington (1939): Mellor actor secundario. O gañador foi Thomas Mitchell polo seu traballo en The Stagecoach (J.Ford, 1939 A Dilixencia)
- Casablanca (1942): Mellor actor secundario O gañador foi Charles Coburn por The More the Merrier (Stevens, 1943)
- Mr. Skeffington (1944):
Mellor
actor secundario O gañador foi Barry Fitzgerald por Going
My Way ( McCarey,
1944 )
- Notorius (1946):Mellor
actor secundario O gañador foi Harold Russel por The
Beast Years of Our Lives. ( W.Wyler, 1946 Los Mejores Años
de Nuestra Vida )
S. Z. SAKALL
* Eugene Gero Szakall
* Budapest, 2-2-1884 ++++ 1954
+ Sakall comezou a gañar popularidade cos primeiros filmes falados alemáns (talkies), especialmente en comedias e musicais. A chegada ó poder dos nazis (1933) obrígao a abandonar Alemania; comeza así a aparecer en películas húngaras e austríacas. A Segunda Guerra Mundial fai que emigre a EEUU e volva a comezar a súa carreira cinematográfica, agora en Hollywood. O seu peculiar inglés e o seu aspecto físico lévano axiña á popularidade, aparecendo en musicais e outras películas (sempre como secundario) Curiosamente, era moi común velo interpretar a un empresario. O 15 de xuño de 1942 acepta o papel de Karl.
+ En a penas 20 anos, participa en máis de 40 películas de Hollywood. Algunhas das máis coñecidas son:
- " Ball of Fire " (Howard Hawks, 1941. " Bola de Fuego ") Nesta comedia con guión de "Brackettandwilder" interpreta ó profesor Magenbruch, un dos sabios recluídos nun castelo para escribir unha enciclopedia do saber humano. Esta screwball comedy está protagonizada por Gary Cooper e Barbara Stanwyck.
- " Yankee Doodle Dandy
" (Michael Curtiz, 1942. " Yanky Dandy ") Aquí interpreta ó
inxenuo empresario Schwab que será convencido para patrocinar un
espectáculo. James Cagney é o protagonista deste musical.
* 27 de decembro de 1879, Sandwich, Inglaterra ++++ 1954
+ A súa xuventude foi moi axitada. Fillo dun mercader, tiña sete irmáns. Foise ós 18 a Sri Lanka como plantador de té, pero unha repentina sequía deixouno sen traballo e volveu á súa Inglaterra natal. Alí conseguiu traballo nunha fábrica de cervexa, anque tamén probou fortuna con outras tarefas. Mentres traballa, asiste a clases de interpretación e pronto consegue debutar (en 1902, como asasino nunha representación de Sherlock Holmes) Dous anos máis tarde realiza unha xira polos EEUU, participando en multitude de representacións, incluso en comedias musicais. Nos anos trinta pasou boa parte do seu tempo actuando no Theatre Guild (onde estivera Claude Rains). O seu debú cinematográfico produciuse en The Maltese Falcon (Huston, 1941. El Halcón Maltés ) e o éxito obtido levouno a seguir interpretando a homes enigmáticos e viláns; neses papeis foi o favorito do público nos cuarenta e un dos soportes das películas "negras" da Warner. Ós 71 anos retírase, a causa da diabetes e a enfermidade de Bright que padecía. Morre catro anos máis tarde. Casablanca foi a terceira película que fixo con Bogart, tras O Falcón Maltés e Across the Pacific (onde Bogart tamén interpretaba a un Rick, Rick Leland )
+ En a penas oito anos participa en 25 películas, en case todas interpretando ó mesmo tipo de personaxe que o lanzara á fama en O Falcón Maltés. As máis importantes son:
- " The Maltese Falcon " ( Huston, 1941. " O Falcón Maltés " ) Nesta película, que tamén lanzou á fama a Bogart, Sydney Greenstreet interpretou a Kasper Gutman, The Fat Man ( a iso axudou, obviamente,o seu peso, 150 quilos ). Gutman é unha das persoas interesadas na estatuíña que busca Sam Spade.
- " They Died with Their Boots on " (Walsh, 1941. " Morreron coas botas postas " ) Interpreta nesta película, protagonizada por Errol Flynn, ó xeneral Winfield Scott. Esta película ten de particular a participación de Max Steiner no musical.
- " Passage to Marseille " (Curtiz, 1944. " Pasaje a Marsella ") Boa parte de Casablanca reúnese de novo aquí: o productor, Wallis; o director, Curtiz; o compositor, Steiner; Peter Lorre (Marius); Corinna Mura (cantante); Louis Mercier (segundo de máquinas); Monte Blue (segundo piloto);Charles La Torre (Lenoir) ; Helmut Dantine (Garou) ; Claude Rains (Freycinet); Humprey Bogart (Matrac) e Sydney Greenstreet; tamén está Michèle Morgan (Paula, dona de Bogart/Matrac) que a punto estivo de ser Ilsa Lund. Nesta película, Greenstreet interpreta ó maior Duval, pronazi que intenta apoderarse dun cargueiro francés.
- " Malaya " ( Thorpe, 1949, " Malaca " ) Nesta historia da Metro protagonizada por Spencer Tracy e James Stewart, Greenstreet interpreta a El Holandés un comerciante sen escrúpulos que axuda á parella protagonista no contrabando de caucho para surtir a EEUU. Esta foi a última película de Greenstreet.
+ Recibiu unha nominación ó Oscar:
- " The Maltese
Falcon " (Huston,1941) Mellor actor secundario. O gañador
foi Donald Crisp por How Green Was My Valley ( John Ford, 1941.
Qué
Verde era Mi Valle )
* Berlín, 1901 ++++ Berlín, 25 de decembro de 1991
+ Curt Bois foi un actor precoz (comezou ós 7 anos), traballando pouco despois nun cabaret. Tamén moi novo, comezou a traballar no cine con Max Reinhardt. A chegada dos nazis obrígao a abandonar o país e transladarse a EEUU. Antes de traballar no cine, actuou uns anos no teatro. As personaxes que interpreta Bois soen ser cómicos (camareiros, oficinistas, carteiristas,...), ó que axuda o seu aspecto: pequeno e fraco. En Hollywood traballa en máis de 45 películas, antes de regresar a Alemaña en 1950. No seu país natal, continuou o seu trabajo no cine (incluso dirixe unha película, Ein Polterabend) e tamén nos escenarios, baixo a dirección do dramaturgo Bertolt Brecht.
+ Son moitas as películas nas que participa, na súa maioría en pequenos papeis.
- " That Night in Rio " (Cummings, 1941) Neste musical da Century Fox que xoga con equívocos de identidades, Bois interpreta a Felicio Salles. Nesta película tamén participan outros secundarios de Casablanca: Frank Puglia (Pedro) , S.Z.Sakall (Arthur Penna) , Alberto Morin (Eca), Leonid Kinsky (Pierre Dufont), Gino Corrado (oficinista)
- " Arch of Triumph " ( Milestone, 1948. Arco de Triunfo ) Esta película, auténtico fracaso de crítica, só interesa pola actuación de Ingrid Bergman ( Joan Madou ) e Louis Calhern (oficial ruso), dous intérpretes de Casablanca. Trátase o tema dos refuxiados que foxen dos nazis. Bois fai de camareiro tatuado.
- " Der Himmel ober Berlin
"// "Wings of Desire" ( Win Wenders, 1987. Cielo sobre Berlin
)
Producción Francia-RFA sobre unha parella de anxos que deambulan
por Berlín (sector oeste) observando a vida humana. Curt Bois interpreta
a Homer ( ós seus 86 años ), un home vello con cara triste.
Wenders gañou o premio ó mellor director en Cannes
por esta película.
PETER LORRE
* Ladislav Loewenstein
* Hungría, 26 de xuño de 1904 ++++ 1964
+ Como outros tantos actores, comezou a súa carreira nos escenarios; tamén en diversos países participou en algúns filmes compatibilizándolo coa actuación (chegou a actuar de noite mentres rodaba M de día). Foi precisamente un deses filmes o que o levou á popularidade :a súa interpretación en " M " (Fritz Lang, 1941) cando era un actor practicamente descoñecido. A súa interpretación dun asasino psicópata encasillouno dentro dun determinado tipo de personaxes. No ano 33 a chegada dos nazis ó poder obrigouno a irse a Inglaterra. Alí traballou para Hitchcock interpretando a un criminal en dúas películas. Axiña deu o salto a Hollywood, onde seguiu traballando en roles similares (anque no seu favor, os críticos din que sempre era capaz de darlle un toque distintivo a cada personaxe que interpretaba) Realizou para a 20th Century Fox unha serie de 8 películas interpretando ó detective xaponés Mr.Moto (houbo unha secuela en 1965, pero non tivo éxito, Mr.Moto só podía ser Peter Lorre) Pouco despois introduciuse no cine de serie B, principalmente para a Warner (o inesquecible Joel Cairo de O Falcón Maltés). E de aí pasou á serie A, Casablanca, encarnando a Ugarte. É tamén digna de salientarse a súa aparición en Arsénico por compasión , hilarante película onde Lorre parodia a súa "personaxe-tipo". A comezos dos anos cincuenta os seus problemas de saúde obrígano a saír da pantalla. Proba sorte como director con Der Verlerone (1951) Axiña se recupera e volve ás películas, ainda que xa en papeis non tan destacados. O día 26 de maio de 1942 acepta o papel de Ugarte.
+ Entre Inglaterra y Hollywood, participa en máis de 70 películas, incluíndo as 8 xa citadas da serie do Señor Moto. Por citar algunhas:
- " The Man Who Knew Too Much " ( Hitchcock, 1934. O Home que sabía demasiado) Nesta producción do "período británico" do mestre inglés, Peter Lorre interpreta ó xefe dunha banda de secuestradores (Abbott) que secuestran a unha moza (Jill Lawrence) para impedir que desvele uns plans de asasinato.
- " The Maltese Falcon " (Huston, 1941. O Falcón Maltés ) Nesta xa citada película, interpreta a Joel Cairo, que ofrece 5000 dólares a Sam Spade para que encontre a famosa estatua, feita do mesmo material que os soños.
- " Arsenic and Old Lace " (Capra, 1944. Arsénico por compasión) Cary Grant visita ás súas tías con motivo do seu matrimonio e descubre angustiado que estas asasinan a anciáns sen fogar. Por se fose pouco, visita a casa o seu irmán Jonathan, un perigoso asasino que viaxa acompañado do sombrío Doutor Einstein (Peter Lorre). Este é o punto de partida desta deliciosa e hilarante comedia negra. Como dato curioso, hai que destacar que a música é de Steiner e que quen adaptaron o guión dunha obra teatral foron os irmáns Epstein.
- "20.000 Leagues Under
The Sea " (Fleischer, 1954. 20000 leguas de viaxe submarina)
Baseada na famosa novela homónima de Xulio Verne, esta é
a primera película "en vivo" da Disney. Peter Lorre interpreta ó
axudante do Profesor Aronnax, Conseil, unha das persoas recollidas polo
Nautilus que serán testemuñas das increíbles viaxes
do Capitán Nemo (James Mason) Kirk Douglas interpreta ó
harpoeiro Ned Land.
* 17 de xullo de 1900, París ++++ 1983
+ Marcel Dalio comezou a súa carreira cinematográfica na súa Francia natal. Participa alí en películas tan importantes como La Grande Illusion ( Renoir, 1937. La Gran Ilusión ), Premio Especial no Festival de Venecia, da que se fixeron eco no seu momento moitas personaxes: Os nazis estaban divididos ( a Goering gustáball, Goebbels conseguiu prohibila ) Roosevelt afirmou que todo demócrata debería vela, pero ata o 1958 no se viu en EEUU a versión completa...Outro filme que o lanza á fama é Pepe Le Moko (Duvivier, 1937), onde interpreta a L'Arbi.Tampouco podemos esquecelo en La Règle du jeu de Renoir. Segue participando en películas francesas ata o comezo da Segunda Guerra Mundial, momento no que se refuxia nos EEUU (sempre papeis secundarios, a menudo cómicos e como estranxeiro). En Hollywood participa en máis de quince películas ( Tener y no tener, La Canción de Bernardette,...) Cando remata a guerra, volta á súa Francia natal, anque sgue participando en películas estadounidenses ( Sabrina, Los Caballeros las Prefieren Rubias,...) Nos seus últimos anos participa só en películas francesas, retirándose poucos anos antes da súa morte, en 1983.
+ A diferencia doutros dos actores citados, Dalio simultanea trala guerra as súas aparicións en Hollywood e en Europa. En total, podemos dicir que participou en arredor de oitenta películas durante a súa vida, con maior intensidade nos períodos 41-44 e 51-57. Quizais as películas máis famosas nas que participou sexan:
- " La Règle du Jeu " ( Renoir, 1939. La Regla del juego ) Renoir pretendía con esta película seguir desenvolvendo o tema que xa establecera en La Gran Ilusión (ninguen é malo, sempre hai circunstancias atenuantes) A elección dos actores protagonistas estivo plagada de incidentes ( a falta de tres semanas para comezar a rodar, non elixira o reparto; a primeira selección non foi a adecuada e tivo que modificala ). Precisamente foi Marcel Dalio un dos puntos de tensión da película : o público sabía que era xudeu, interpretaba ó Marqués De La Chesnaye e Renoir inclúe no guión que a nai do marqués era xudía; iso causou un tremendo escándalo nos círculos antisemitas da época, ata o punto de ser o factor máis importante no seu fracaso comercial. Foi prohibida polos nazis e o negativo orixinal destruíuse nun bombardeo (só quedaron copias moi recortadas polos distribuidores). En 1959 estreouse restaurada. Nunha enquisa entre críticos de cine realizada por John Kobal ( Las 100 Mejores Películas. Alianza Editorial, 1990 ) foi considerada a segunda mellor película (A primeira, Ciudadano Kane. Casablanca está no noveno posto) Alain Resnais opina dela : É a máis sorprendente experiencia individual que tiven no cine [...] Todas as miñas ideas sobre o cine mudaron.
- " To Have and Have Not " ( Howard Hawks, 1945. Tener y No Tener ) Esta película é considerada a versión de Hawks de Casablanca (a omnipresente lenda sobre Casablanca di que Hawks fixo boa parte do traballo previo de Casablanca). Bogart é Harry Morgan, capitán que aluga o seu barco ós veraneantes. Un día Gerard, o encargado do hotel, (Marcel Dalio) proponlle introducir no país a un líder da Resistencia Francesa. Ó non querer verse involucrado en política, rexeita a petición. Hai que destacar a participación de Dan Seymour (como o Capitán Rénard).
- " Gentlemen Prefer Blondes
" (Howard Hawks, 1953 Los Caballeros las Prefieren Rubias)
Dúas actrices amigas viaxan a Francia,
alí vense envoltas nunha serie de problemas que terminan no
xuzgado. Este é o papel de Dalio, xuíz. Se Niágara
(Hathaway,
1953) foi a película que lanzou á fama a Marilyn, pode dicirse
que esta confirmouna como mito erótico de toda a historia do cine.
* 7 de Outubro de 1917, Viena ++++ Viena, 1982
+ Como outros tantos, Dantine chega ós EEUU fuxindo dos nazis, quen a finais dos anos 30 se uniran a Austria mediante o Anschluss. Foi membro do Pasadena Community Players, onde gañou experiencia como actor, que lle serviu para dar o paso á pantalla grande en 1941. Durante a guerra participou case exclusivamente en papeis secundarios de Nazis ( Mrs. Miniver [Wyler, 1942] onde interpreta a un aviador nazi; To Be or not to Be [Lubitsch, 1942. Ser o no Ser] onde é só un copiloto; ... ) anque tamén participa noutros papeis ( como na xa citada Pasaje a Marsella, onde é un fuxitivo anti-nazis ) Trala guerra a súa actividade en Hollywood xa no é tan frecuente (principalmente a partir de 1959, cando accede á vicepresidencia de Schenk Esterprises, empresa de producción e distribución, propiedade do seu sogro Nicholas M. Schenk. En 1970 chegará á presidencia) inda que aparece esporadicamente nalgúns filmes e incluso proba sorte (sen éxito) na faceta de director ( Thundering Jets , 1958)
+Ó longoda súa vida participa en arredor de trinta películas. As máis famosas son:
- " Mrs. Miniver " ( W.Wyler, 1942. La Señora Miniver ) O propio Roosevelt presionou á Metro para que sacase ó mercado canto antes esta película que conta cómo unha familia inglesa debe aprender a convivir coa guerra. Helmut Dantine interpreta a un piloto alemán ferido que é entregado pola señora Kay Miniver ás autoridades. Esta película "patriótica" conseguiu 6 Oscar (entre eles, mellor dirección e mellor película)
- " To Be or not To Be
" (Lubitsch, 1942. Ser o No Ser) A invasión alemana deixa
ó teatro polaco case arruinado, os actores e membros da farándula
súmanse á resistencia polaca e fanse pasar por dirixentes
nazis, creando confusión. Foi moi criticada no seu momento por aqueles
que non comprendían que tamén se podía loitar contra
os nazis fuxindo dos tópicos filmes documentais. Nesta xenial obra
de arte Dantine interpreta o papel de copiloto alemán.
* 11 de xaneiro de 1890, Indianápolis ++++ 1963
+ Os comezos de Monte Blue foron difíciles. Este medio indio Cherokee criouse nun orfanato e para gañarse a vida traballou como leñador, cowboy,...A súa carreira no cine comezou da man de D.W.Griffith para quen traballou en The Birth of a nation, Intolerance, e Orphans of the Storm. Traballou en moitas películas ata acadar a popularidade interpretando papeis románticos nos anos 20 (p.ex. The Marriage Circle [Lubistch,1924]) Poucos anos despois comeza a decaer a súa popularidade, pero no por iso deixa de aparecer en películas. Deixa definitivamente de aparecer en películas no ano 1954 (Apache. Aldrich, 1954) e pasa a traballar nun circo.
+ A carreira de Monte Blue é impresionante, aparece en máis de 150 películas, nalgunhas en papeis protagonistas (inda que en ningunha de verdadeira importancia) As películas máis destacadas nas que interviu son:
- " The Birth of a Nation " (D.W.Griffith, 1915. El Nacimiento de una Nación ) Falanos das vidas interrelacionadas de dúas familias do Norte e do Sur durante a Guerra de Secesión Americana, presentándonos ó K.K.K. como un grupo de heroes fronte a ameazadora raza negra ( ¡ nesta película os negros eran representados por blancos maquillados ! ) A pesar do seu racismo, esta película é admirada polo seu aspecto técnico: moitos críticos consideran a Griffith o pai do cine por esta producción. Monte Blue desempeña un papel discreto, anque tamén actúa como dobre e nas tarefas de redacción do guión. Curiosamente, os futuros directores Raoul Walsh e Erich Von Stroheim participaron nesta película.
- " The Marriage Circle " ( Lubitsch, 1924 ) A primeira "comedy of manners" do mestre Lubitsch tratando acerca dos flirteos e relacións das persoas da alta sociedade vienesa. Nesta comedia protagonizada por Florence Vidor, Monte Blue é o coprotagonista.
- " Key Largo " (
Huston, 1948 Cayo Largo ) Outra das películas Bogart-Bacall
de cine negro. O ex-maior McCloud chega ó hotel do pai dun camarada
seu morto durante a guerra, alí tópase con que o hotel está
en mans duns criminais, dirixidos polo perigoso Rocco. McCloud está
desilusionado trala guerra e non quere loitar por nada. Monte Blue é
o sheriff Ben Wade. Max Steiner é o responsable da música.
Tamén aparece Dan Seymour.
* 3 de abril de 1894, Tyler, Texas ++++ 1953
+ Comezoua actuar ós 12 e pouco despois nos vaudevilles. Nos anos 20 formou a súa propia banda, os Red Devils , que actuou en Europa (incluso en Casablanca, en honor dun heroe da Primeira Guerra Mundial) A pesar do tremendo éxito da súa xira, Wilson regresa a América coa intención de dedicarse á actuación. Aparece nas representacións teatrais organizadas por Orson Welles e Houseman, e incluso participa nun musical en Broadway. O seu debú cinematográfico prodúcese en 1942, con Cairo (Van Dyke II, 1942) despois de haber estado a punto de abandonar Hollywood (só lle ofrecían papeis de porteador ou "de músculos") Foi contratado para Casablanca cando Wallis estaba case decidido por Clarence Muse. Por certo, ¡ non sabía tocar o piano !
+ A carreira cinematográfica de Wilson é escasa, a penas 16 películas, e case sempre desempeñando papeis de músico ou cantante. De todas formas, destacaremos 2 películas súas:
- " Higher and Higher " (Whelan, 1943) Destacamos esta película porque aquí coincide Dooley con quen puido haber sido Ilsa Lund, Michèle Morgan. Este musical tamén é interesante porque foi o debú cinematográfico da Voz, Frank Sinatra. Aquí Wilson actúa no papel de Oscar.
- "Knock on Any Door"
(Nicholas
Ray, 1949. Llamad a cualquier puerta ) Unha das primeiras películas
de John Derek e a segunda do director Nicholas Ray. Nick Romano (Derek)
é defendido nun xuizo polo asesinato dun policía polo avogado
Andrew Morton (Bogart), que tamén se criou nos baixos fondos. Esta
película foi feita pola productora de Bogart para a Columbia. Aquí
volven a xuntarse Bogart y Wilson.
CONRAD
VEIDT
* Hans Walter Konrad Veidt
* 22 de xaneiro de 1893,
Postdam, Alemaña - 3 de abril de 1943, Hollywood
+ Veidt
comezou a súa carreira teatral en 1913, baixo a dirección
de Max Reinhardt en Berlín. Foi reclutado para loitar na Primeira
Guerra Mundial pero a ictericia librouno de ingresar no exército.
Participou en espectáculos teatrais no fronte para pasar ó
cine en 1917, con Der Spion . Dous anos máis tarde podémolo
ver interpretando a César, o asasino sonámbulo no filme
expresionista de terror Das Kabinett Des Dr. Caligari (Robert Wiene,
1919. El Gabinete del Doctor Caligari ) Nestas películas
de cine mudo interpreta a personaxes como Iván o Terrible ou Mr.Hyde.
A mediados dos anos 20 é invitado a Hollywood, pero regresa a Alemaña
coa chegada a ese país do cine falado; a diferencia de outras estrelas,
supera o paso do mudo ó falado e conságrase, chegando a participar
en coproduccións británicas. A chegada dos nazis fai que
queira abandonar Alemaña (os nazis garantizaran a súa
seguridade, incluso Goebbels en persoa, para non perder a esta gran estrela,
e incluso intentárono reter sen éxito) En Inglaterra continúa
participando en películas, a menudo como oficial nazi. O propio
goberno inglés suxírelle que se vaia a Hollywood para loitar
desde alí contra os nazis. Acepta un contrato coa Metro poñendo,
ó parecer, como condición interpretar só a viláns.
Segundo din, Veidt asumiu que a mellor forma que tiña de loitar
contra os nazis era facelos aparecer desagradables nas películas
hollywoodienses. En realidade a súa carreira en Hollywood foi moi
breve, só 8 películas, xa que morre en 1943, ós 50
anos. O 22 de maio de 1942 é contratado para facer do Maior Strasser.
+ Como dixemos, a case totalidade da carreira de Veidt lévase a cabo en Europa, entre a súa Alemaña natal e Inglaterra. Malvados xeniais aparecen, entre outras, en:
- " Das Kabinett Des Dr.Caligari " (Robert Wiene, 1919) Fálasenos do hipnotizador Caligari e dos que caen baixo a súa malévola influencia. Esta película expresionista alemana conta como un dos elementos máis importantes co decorado, de aspecto surrealista, creado por Alfred Kubin. A película está contada a través da fantasía dun tolo. Aquí Conrad Veidt interpreta a César (ou Cesare) un asasino sonámbulo. Curiosamente, se Veidt destaca polo seu antinazismo, Werner Krauss (Dr.Caligari) foi nomeado Actor do Estado pola súa participación nas películas nazis de propaganda. Esta película logrou tanto éxito que estivo proxectándose nun cine ¡durante sete anos!, o segundo maior período da historia.
- " The Thief of Baghdad " (Varios directores, 1940 El Ladrón de Bagdad) Nesta historia clásica, coñecida por todos, Conrad Veidt interpreta ó malvado Gran Visir Jaffar. Esta superproducción contou con tres directores (citados nos títulos de crédito) ainda que houbo algúns máis que tamén dirixiron algunhas esceas para botar unha man. A película foi rodada no Reino Unido e nos EEUU (os plans orixinais de rodar en Bagdad tiveron que ser desbotados por culpa da guerra e "reconstruiuse" Bagdad no Desierto do Mojave. Hai que destacar o papel da familia Korda (que se distribuiron así noutras películas): Alexander foi productor e eventualmente director; Zoltan foi director e Vincent ocupouse do deseño. Foi unha rodaxe chea de problemas, incluindo folgas dos extras.
- " All Through the Night
" (Vincent Sherman, 1942. El Enigma de Herr Miller ) Gloves
Donahue (Humprey Bogart) é un peixe gordo do xogo en Broadway que
se dispón a topar ó asasino do seu panadeiro, Mr.Miller.
A trama complícase e chega ata o negocio de Mr. Ebbing (Conrad Veidt),
descubrindo que este é un axente nazi. Esta película trata
o tema da Quinta Columna, que chegou a ser unha obsesión nos EE.UU.
(ó falar de Paul Henreid, veremos a importancia que tivo esta circunstancia
na súa carreira) Hai que destacar a presencia doutro secundario
de Casablanca, Ludwig Stossel.
PAUL HENREID
* Paul George Julius
von Henreid
*10 de xaneiro de 1908, Trieste, Austria-Hungría ++++ 29 de marzo de 1992, Santa Mónica
+ A
pesar de que poida non ser moi exacto catalogalo como secundario, a parella
Rick-Ilsa eclipsa tanto ós demais que falaremos aquí deste
actor austrohúngaro. Henreid procedía dunha familia aristocrática.
Antes de ser descuberto por Otto Preminger, Paul traballou nunha empresa
de publicidade. Cando o descobre o director austríaco, pasa a formar
parte da compañía teatral de Max Reinhardt en 1933. Os seus
sentimientos antinazis lévano a abandonar Austria (onde xa debutara
no cine) e pasar a Inglaterra. No Reino Unido seguiu actuando, pero o comezo
da guerra provocou que estivese a punto de ser deportado (o RU non quería
ciudadáns italianos ou do Anschluss por medo a unha quinta columna)
; Henreid tivo que valerse dos seus amigos (entre eles, Conrad Veidt) para
que lle permitisen quedarse. En Inglaterra interpreta, entre outros, varios
papeis de nazi no cine. En 1940 aproveita unha oferta de Broadway para
irse ós EE.UU. e librarse así do medo á deportación.
O seu debú en Hollywood foi Joan of Paris (Stevenson, 1942).
Hal B. Wallis, debido ó éxito desa película, ofrécelle
Now
Voyager (Rapper, 1942) e o papel de Laszlo en Casablanca.
Nun principio, non quería interpretar a Laszlo, xa que o consideraba
un paso atrás na súa carrera; pero EEUU entrou en guerra
e empezouse a deter a europeos de países do Eixo para envialos a
campos de concentración. O único modo de evitar a detención
era traballar para un estudio potente; en efecto, Henreid firma pola Warner
e Wallis vólvelle a propor el papel, Henreid acepta (un mes antes
de comenzar a rodaxe) con dúas condicións: o terceiro lugar
nos títulos de crédito e que se desenvolva un pouco máis
o papel de Laszlo. Nos cincuenta comeza a agotarse a súa estrela
como actor en papeis románticos e vese obrigado a traballar en papeis
menos destacados. É nestes momentos cando comeza a súa carreira
como director, especialmente para televisión (en cine só
catro películas). Tamén o vemos na faceta de productor.
+ Sumando as súas películas como actor, productor e director, traballa en case 50 filmes ó longo da súa vida (ó que hai que engadir as series realizadas para TV) Poderíamos destacar:
- " Now, Voyager " (Rapper, 1942. La Extraña Pasajera ) Charlotte Vale (Bette Davis) está a punto de sufrir unha crise nerviosa; visítaa o famoso psiquiatra Dr. Jaquith (Claude Rains) e ordena o seu ingreso nunha clínica. Ó salir da clínica, nun cruceiro coñece a Jerry Durrence (Paul Henreid), do que se enamora. Max Steiner conseguiu o Oscar pola música da película. Ademais de Claude Rains tamén aparece Frank Puglia (como Manoel)
- " Joan of Paris " (Stevenson, 1942 ) Debú de Henreid en Hollywood e película que lle abriu as portas doutras películas na " meca do cine " Henreid interpreta aquí a un piloto da Francia Libre. Coincide nesta película con Michèle Morgan no papel protagonista, que estivo a piques de ser a súa esposa en Casablanca.
- " Dead Ringer " (
Henreid, 1964. Su propia víctima) Unha das películas
dirixidas por Henreid, inda que neste caso non é productor nin actor
nin guionista. A trama xira ó redor de Bette Davis, quen interpreta
a dúas irmás xemelgas. A crítica tachouno de pequeno
thriller máis ben vulgar (Time). O argumento é
complexo: tralo funeral dun cuñado co que el quixera casar, Edith
decátase de que Frank casou coa súa irmá xemelga Margaret
porque cría que esperaba un fillo de el; ó encontrarse coa
súa irmá Margaret, rexeita as súas ofertas de amizade
e a súa axuda financiera. Envexando á súa irmá
(e tras enterarse de que vai perder o negocio), Edith invítaa
ó seu apartamento, mátaa e pon a súa roupa,.....(o
resto non ten desperdicio, pero é un pouco longo de contar :-)
The German - Hollywood Connection
Claude Rains en The Internet Movie Database
S.Z. Sakall en The Internet Movie Database
Sydney Greenstreet en The IMDB
|
|
![]() |