| A Asociación Socio-Cultural Cedofeita xorde no ano 1995 na parroquia pontevedresa de Lérez coa intención de dinamizar a vida cultural desa zona organizando conferencias, exposicións, charlas, obras de teatro, publicando unha revista,... | |
![]() |
Documento da doazón
do rei Ordoño II ó abade Guntado do couto do mosteiro de Lérez. Das máis antigas referencias á nosa parroquia. |
Para colaborar coa asociación, interesarse polas súas actividades ou para obter máis información sobre ela, pódese contactar coa dirección de correo acedofeita@yahoo.es. Agora tamén pode visitar o noso BLOG. |
| Que é a Asociación Cultural Cedofeita ? | |
![]() |
As exposicións de cogomelos, saídas ó campo e degustación dos mesmos son unha das actividades de máis éxito. |
| Revista CEDOFEITA. Número 1, outubro de 1997. | |
![]() |
A emigración protagonizou unha exposición e un amplo artigo no número 1 da revista. |
| Revista CEDOFEITA. Número 2, outubro de 1998. | |
![]() |
Loxicamente, o mosteiro de Lérez sempre recibiu atención especial por parte da Asociación. |
| Revista CEDOFEITA. Número 3, outubro de 1999. | |
![]() |
Non podiamos esquecer, nin nas exposicións nin na revista, a riqueza arquitectónica da nosa parroquia. |
| Revista CEDOFEITA. Número 4, outubro de 2000. | |
![]() |
O río Lérez presenta paisaxes paradisíacas, en xeral pouco coñecidas. |
| Revista CEDOFEITA. Número 5, outubro de 2001. | |
![]() |
Tamén nos ocupamos de temas agrícolas, cunha serie de artigos sobre novos cultivos na parroquia. |
| Revista CEDOFEITA. Número 6, outubro de 2002. | |
![]() |
Non se podía ignorar este ano unha figura da magnitude do Padre Sarmiento. |
| Revista CEDOFEITA. Número 7, outubro de 2003. | |
![]() |
O evento máis destacado deste ano foi a recuperación para os veciños do Local Social |
| Revista CEDOFEITA. Número 8, outubro de 2004. | |
![]() |
A arquitectura popular volve ser obxecto de estudo na nosa revista. |
| Revista CEDOFEITA. Número 9, outubro de 2005. | |
![]() |
A historia de Lérez predomina neste número da revistaA historia de Lérez predomina neste número |
| Revista CEDOFEITA. Número 10, outubro de 2006. | |
![]() |
Poesía, lendas e historia vertebran o presente número. |
| Revista CEDOFEITA. Número 11, outubro de 2007. | |
![]() |
Aspectos da historia de Lérez e de Galiza, deporte, poesía, educación e medio ambiente, entre outros, son os tratados neste número. |
| Revista CEDOFEITA. Número 12, outubro de 2008. | |
![]() |
Dende as orixes do imaxinario da escritora lerezá Fina Casalderrey ata unha ollada ás actividades realizadas ao longo do ano, pasando por unha diversidade de temas culturais, históricos, ambientais...teñen cabida nas páxinas deste número. |
| Revista CEDOFEITA. Número 13, outubro de 2009. | |
![]() |
Coa música a esta parte inicia unha variada mostra de artigos que tratan tanto aspectos históricos (Valentín Peña, documentación sobre Cedofeita, Casimiro Gómez, a intoxicación do metílico...), educativos (a experiencia de ler, a infancia e a publicidade, os problemas da conduta), entrevistas, medio ambiente, humor e outros máis. |
| Revista CEDOFEITA. Número 14, outubro de 2010. | |
![]() |
Este número consta dunha variada mostra de artigos: Cedofeita na Idade Media, a figura de Santiago cabaleiro, Florita, unha revista para nenas, a atención a altas capacidades, de conversa, o tinxido, bichos contra bichos, humor,etc. |

Estamos abertos a calquera tipo de suxerencias, preguntas, colaboracións,...
ADVERTENCIA: Última actualización, Decembro de 2010. A maioría das imaxes está escaneada a baixa resolución para facilitar a lectura dos artigos. Se desexa algunha fotografía en alta resolución, póñase en contacto coa nosa dirección de correo. É normal que aparezan desaxustados os pés de foto e algúns párrafos, dependendo do seu navegador e da configuración de pantalla do seu ordenador. Non se deseñou para ningún navegador en especial.
A Asociación Socio-Cultural Cedofeita é unha entidade aberta, pluralista e sen ánimo de lucro que pretende contribuír á difusión da nosa cultura, polo que ó longo do ano realiza unha serie de actividades encamiñadas a ese fin. Ademais da desinteresada colaboración dos seus membros, estas actividades implican un custo económico importante. Se desexa colaborar con esta asociación ou facerse socio, pode contactar coa dirección arriba indicada; tamén pode facer o seu donativo na conta 2080.0154.54.0040003379 de Caixanova.
Permítese a libre reproducción das imaxes e textos citando a procedencia e, no caso de Internet, poñendo un enlace a esta páxina.